Luis A. Cordero
- Breve Curriculum Vitae:
- Luís Ángel Cordero Rego é, dende 1979, Catedrático de
Xeometría Diferencial da Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse nesta
universidade no ano 1971, sendo profesor da mesma dende 1968 ata 1975. Foi ademais
"Research Fellow" da Universidade de Harvard (1973), Profesor Agregado da
Universidade de Valladolid (Xullo 1975 - Marzo 1976) e Catedrático da Universidade de La
Laguna (Marzo 1976 - Setembro 1979). É membro de número da Real Academia Galega de
Ciencias, e membro correspondente da Academia Canaria de Ciencias.
Actualmente é membro do Consello Científico do Instituto de Matemáticas da
Universidade de Santiago de Compostela, tendo sido Director do Instituto entre Xuño 1996
e Setembro 2000.
- Áreas de interés:
- Xeometría e Topoloxía das Nilvariedades Compactas
Complexas.
- Pseudométricas en Grupos de Lie.
- Utilización de Mathematica® na Teoría de
Curvas e Superficies.
- Publicacións:
- Artículos
- Libros e monografías
- Outras
© Tecedor do Departamento de
Xeometría e Topoloxía.