Una primera aproximación a la conjetura de Poincaré


Adolfo Sánchez Valenzuela - Guanajuato



Xoves 1 de febreiro de 2007 ás 16:30 horas no salón de graos.


Adolfo Sánchez Valenzuela é investigador no CIMAT (Centro de Investigación en Matemáticas), ubicado na cidade de Guanajuato, México. Obtivo o grao de doutor en Matemáticas na Universidade de Harvard en xuño de 1986; antes realizou os seus estudos na Facultade de Ciencias da UNAM onde obtivo os graos de Licenciatura en Física (1979) e Mestría en Física (1981). Hoxe é o Coordinador dos Programas de Posgrao do CIMAT e o Director da Facultade de Matemáticas da Universidade de Guanajuato. É membro do Sistema Mexicano de Investigadores (SMI) dende 1987 e da Academia Mexicana de Ciencias (AMC) dende 1993, onde coordina a sección de Matemáticas dende maio de 2006. Os seus intereses matemáticos sempre estiveron inspirados na Física. As súas principais contribucións pertencen á teoría das supervariedades e a supersimetría. Ten publicado máis de 30 artigos científicos. É autor tamén de diversas contribucións dirixidas aos estudantes de matemáticas e ten escritos algúns artigos de opinión e outros máis de divulgación sobre ciencia e matemáticas para o público en xeral.


© Elena Vázquez Abal.