Unha introdución panorámica ás superálxebras de Lie
Adolfo Sánchez Valenzuela - Guanajuato
Martes 4 de outubro de 2011 ás 16:30 horas na aula 10.
Resumo:
Preséntanse, a partir de primeiros principios e facendo uso de xeometría elemental e álxebra lineal, algúns exemplos do tipo de relacións alxébricas e xeométricas que se enmarcan baixo o tema da "supersimetría" e discútense algunhas aplicacións que poderían ser interesantes para a física. En particular, preséntase de maneira elemental e autocontida o problema de clasificar todas as superálxebras de Lie baseadas na álxebra de Lie do grupo unitario U(2) e discútese unha posible relación co "super-espazo-tempo" de Minkowski.