Como a característica de Euler clasifica (tamén) as foliacións por superficies


Miguel Bermúdez. Université Denis Diderot - Paris 7.



Xoves 11 de xaneiro de 2007 ás 16:30 horas na aula 7.


Resumo:
Un dos resultados máis coñecidos da Topoloxía é o feito de que as superficies compactas sen borde están clasificadas polo seu número de Euler. Unha xeneralización natural do concepto de superficie compacta son as foliacións medibles por superficies. O número de Euler, introducido neste contexto por Alain Connes nos anos 80, é un invariante numérico que vehicula unha grande cantidade de información, tanto dinámica como xeométrica. O obxectivo desta charla é mostrar como utilizar este invariante para clasificar as foliacións medibles por superficies, xeneralizando desta maneira o teorema clásico enunciado máis arriba.


© Miguel Bermúdez.