Clasificación das foliacións polares no espazo proxectivo cuaterniónico


Miguel Domínguez Vázquez - ICMAT



Xoves 3 de marzo de 2016 ás 16 horas na aula 9.


Resumo:
Unha foliación polar é unha descomposición dunha variedade Riemanniana en follas equidistantes, e probablemente de distinta dimensión, tal que por cada punto pasa unha subvariedade totalmente xeodésica que interseca a todas as follas, e faino sempre perpendicularmente. Nesta charla presentarei un traballo conxunto con Claudio Gorodski, da Universidade de Sao Paulo, no que clasificamos de xeito case completo as foliacións polares nos espazos proxectivos cuaterniónicos.


© Miguel Domínguez Vázquez.