Test de Avaliación.
Abril de 2008
Prof. Xosé M. Masa Vázquez

Escribe o teu nome ao final se queres ter unha corrección personalizada ou que se teña en conta o resultado para mellorar a túa avaliación (non se terá en conta se non é satisfactorio). Se queres unha resposta por mail, engade o teu enderezo electrónico.

 

Di das seguintes afirmacións se son verdadeiras ou falsas:
VERDADE
FALSO
1) ||x+y||2 = ||x||2 + 2||x||.||y|| + ||y||2
2) Sexa Λ un conxunto limitado de números reais positivos; sexa x un punto de R2. A unión de todas as bólas abertas de centro x e raio λ∈Λ é unha bóla aberta.
3) Coas mesmas hipóteses que no apartado anterior, a unión de todas as bólas pechadas de centro x e raio ∈Λ é unha bóla pechada.
4) Sexan {xn} unha sucesión converxendo a x0, {yn} unha sucesión converxendo a y0. A sucesión {d(xn,yn)} é converxente.
5) Sexa {xn} unha sucesión converxente con límite x0. Sexa E o conxunto de puntos da sucesión, E={xn, n∈N}. Daquela x0 é punto de acumulación de E.

Nome:

Mail: