Exercicio 1.7

Comecemos estudando o conxunto A. A ecuación y = 2x+1 corresponde a unha recta no plano. Que un punto (x,y) do plano verifique y > 2x+1 significa que está por riba da recta: o punto (x,2x+1), coa mesma abscisa que o punto dado, pertence á recta, e ten ordenada menor.