Erro frecuente na definición de continuidade |
|
Sexa f : X → Y unha función, y=f(x). O erro consiste en interpretar que a continuidade de f no punto x significa que, dada unha bola BX(x,r), exista unha bola BY(y,s) verificando f(BX(x,r) ⊆ BY(y,s).
Con esta interpretación sería continua, por exemplo, a función parte enteira, función de R en R que a cada número real fai corresponder o maior número enteiro menor ou igual que el.
Pola contra, non sería continua en ningún punto a función de (0,+∞) en R dada por f(x)=1/x.