Imaxes directa e recíproca por unha función |
Construíde funcións entre conxuntos finitos. Por exemplo, unha función f entre X={a,b,c,d} e Y={u,v,w,y,z}, dada por
f(a) = u, f(b) = v, f(c) = w, f(d) = w.
Considerade diversos subconxuntos A⊆X, B⊆Y, e comparade B con f(f -1(B)) e A con f -1(f(A)).
Para A1, A2⊆X, B1, B2⊆Y, comparade
f(A1∪A2) con f(A1)∪f(A2)
e
f -1(B1∪B2) con f -1(B1)∪f -1(B2).
Facede o análogo para a intersección.