Pendente infinito | Axuda |
Sexa {Uλ,λ∈Λ} unha cobertura aberta de S. Un destes abertos, digamos, Uμ, conterá ao punto 0. Logo contén unha bola aberta de centro 0 e, pois, todas as circunferencias menos un número finito delas. Estas, ao seren unha colección finita de compactos, forman un compacto. Xa que logo, haberá unha subcobertura finita para elas. Xunto ao Uμ teremos unha subcobertura finita de S.