Buscador de novidades (6-2-96):

Acabo de poñer na primeira páxina un buscador de NOVIDADES que vos permitirá averiguar cales son as páxinas novas (ou modificadas) dende a vosa anterior conexión, sen necesidade de andar a velas unha por unha.

Prepareino por defecto para que busque as páxinas modificadas nos tres días anteriores, pensando en que os luns recupere as modificacións feitas o venres. De todas maneiras, vós podedes cambia-lo 3 por calquera outro número (menor que 100).

O programa detecta modificacións do arquivo que contén a páxina; pero estes cambios poden non manifestarse na páxina mesma. É dicir que nalgún caso dirá que unha páxina está modificada e cando a vaiades ver non apreciaredes ningún cambio.

Aínda así, espero que vos sexa de utilidade.


© Tecedor do Departamento de Xeometría e Topoloxía.