Investigación (19-11-96):

Puxen na primeira páxina, ademais dun aviso temporal sobre o congreso de Braga, unha nova sección de investigación. Nela inclúo a información que aparece nunha publicación da universidade que anda pola biblioteca. Como supoño que esa información será probablemente incompleta (se é que non é errónea), anímovos desde aquí para que me fagades chegar as correccións, ampliacións e suxerencias que consideredes pertinentes.

Por certo que "xa" actualicei a información sobre docencia e doutoramento. Podédeslle botar unha ollada e comunicarme os erros que atopedes. Gracias.


© Tecedor do Departamento de Xeometría e Topoloxía.