Podedes coller aquí as listas de alumnos sen máis que pinchar na materia que vos interese. Nuns casos gardarásevos directamente no disco duro e noutros -dependendo da versión de Netscape que teñades- apareceravos en pantalla. Neste caso podédela imprimir, ou tamén gardala no disco usando a función "Save" do botón "File" do Netscape. Se o ficheiro resultante non resulta lexible con algún procesador (por exemplo, co bloc de notas) probade con outro. Se non vai con ningún, non vos queda outro remedio que facer directamente un "ftp" á dirección que se sinala en cada materia.
As listas non son definitivas e avisan dos servicios informáticos que renovarán a información cada 15 días.
© Tecedor do Departamento de Xeometría e Topoloxía.