Exercicio 4.3 |
|
A función f pódese expresar como función composta
de outras dúas, claramente continuas: unha é unha inclusión,
a outra é unha inclusión composta con unha homotecia. Se tomamos
o dominio aberto de cada unha delas, digamos, U e V,podemos concluír
que f é continua nos puntos de U∪V.
Resta estudar a continuidade
da función nos puntos dos eixos. De intuirmos que a resposta vai ser
negativa, a continuidade secuencial será unha boa opción.