TOPOLOXIA DOS ESPAZOS EUCLIDIANOS
 

O curso está destinado aos e ás estudantes da asignatura do mesmo nome, como complemento do curso presencial. Oriéntase, pois, á adquisición dos coñecementos e habilidades propios do programa da asignatura. O obxectivo fundamental que se propón é o de propiciar o traballo de autoaprendizaxe.

Estructúrase en dúas partes: A primeira é un núcleo estábel, que inclúe:

Xeneralidades

sobre a materia; comprende tres páxinas: Programa, Bibliografía e recursos on-line e Obxectivos e criterios de avaliación.

Manual de referencia,
coas definicións dos principais conceptos e o enunciado dos resultados máis importantes. Ademais de servir de referencia, pode constituír un guión útil do desenvolvemento previsto do programa. Os textos están tomados literalmente do manual Topoloxía Xeral (ver Bibliografía), referencia principal da asignatura, e referencia tamén deste curso virtual.

Seminario,

colección de todos os Exercicios propostos nos cinco primeiros capítulos do manual Topoloxía Xeral, correspondentes á materia do programa, con unha ou máis axudas para a súa resolución.

Arquivo de exames,

recopilación dos exames propostos polo Profesor da asignatura nas convocatorias dos últimos anos, con respostas completas ás cuestións non teóricas.

A segunda parte integra contidos dinámicos, a desenvolver ao longo do curso, en función do uso e demanda. Incluirá, en todo caso:

Taller,

no que se incorporarán regularmente, ao longo do curso, diversos materiais de traballo: cuestións orientadas á comprensión dun concepto, argumentacións incorrectas, erros frecuentes, novos exercicios,...

Guías

de estudo para os conceptos máis importantes e algúns outros complementarios, fora de programa, como, en particular, unha aproximación histórica.

Medios de avaliación,

un test de (auto)avaliación para cada tema
e sobre certos prerrequisitos, e algún exame on-line.

Taboleiro

anuncios relativos á asignatura : horarios de titorias, calificacións, eventos especiais,...

Ofrecerase tamén un servicio de Titoría on-line, un Buzón de preguntas e respostas e un Foro de debate, suxerencias, opinións,... Se poderán implementar outros medios que colectivamente se poidan valorar de interese, como un espazo aberto onde propor problemas, divertimentos, cuestións diversas relacionadas coa topoloxía, dun xeito máis informal e espontáneo.