O curso está
destinado aos e ás estudantes da asignatura do mesmo nome, como
complemento do curso presencial. Oriéntase, pois, á adquisición
dos coñecementos e habilidades propios do programa da asignatura.
O obxectivo fundamental que se propón é o de propiciar o
traballo de autoaprendizaxe.
Estructúrase
en dúas partes: A primeira é un núcleo
estábel, que inclúe:
Xeneralidades
|
sobre
a asignatura; comprende tres páxinas: Programa, Bibliografía
e recursos on-line e Obxectivos e criterios de avaliación.
|
Manual
de referencia,
|
coas definicións dos principais conceptos e
o enunciado dos resultados máis importantes. Ademais
de servir de referencia, pode constituír un guión útil
do desenvolvemento previsto do programa. Os textos están tomados
literalmente do manual Topoloxía
Xeral (ver Bibliografía),
referencia principal da asignatura, e referencia tamén
deste curso virtual. |
|
colección
de todos
os Exercicios propostos nos cinco primeiros capítulos do
manual Topoloxía Xeral,
correspondentes á materia do programa, con unha ou máis
axudas para a súa resolución.
|
Arquivo
de exames,
|
recopilación
dos exames propostos polo Profesor da asignatura nas convocatorias
dos últimos anos, con respostas completas ás cuestións
non teóricas.
|
A segunda
parte integra contidos dinámicos,
a desenvolver ao longo do curso, en función do uso e demanda. Incluirá,
en todo caso:
Taller,
|
no
que se incorporarán regularmente, ao longo do curso, diversos
materiais de traballo: cuestións orientadas á comprensión
dun concepto, argumentacións incorrectas, erros frecuentes,
novos exercicios,... |
Guías
|
de
estudio para os conceptos máis importantes e algúns
outros complementarios, fora de programa, como, en particular, unha
aproximación histórica. |
Medios
de avaliación,
|
un
test de (auto)avaliación para cada tema
e sobre certos prerrequisitos, e algún exame on-line.
|
Taboleiro
|
anuncios
relativos á asignatura : horarios de titorias, calificacións,
eventos especiais,... |
Ofrecerase
tamén un servicio de Titoría
on-line, un Buzón de preguntas
e respostas e un Foro de debate, suxerencias,
opinións,... Se poderán implementar outros medios que colectivamente
se poidan valorar de interese, como un espacio
aberto
onde propor problemas, divertimentos, cuestións diversas relacionadas
coa topoloxía, dun xeito máis informal e espontáneo.
|
|