Introducción

Con este curso virtual trátase de ofrecer axuda e información de apoio á asignatura Topoloxía dos espacios euclidianos, especialmente orientada á resolución de exercicios.

O curso estructúrase en dúas seccións moi diferenciadas. A primeira é un fondo estábel, que inclúe:

O Manual é unha breve recopilación das definicións dos principais conceptos estudiados e os enunciados dos resultados máis importantes. Ademais de servir de referencia, pode constituír un guión útil do desenvolvemento previsto do programa. Os textos están tomados literalmente do manual Topoloxía Xeral (ver Bibliografía), referencia principal da asignatura, e referencia tamén deste curso virtual.

Exercicios contén todos os exercicios propostos nos cinco primeiros capítulos do manual Topoloxía Xeral, correspondentes á materia do programa, con indicacións para a súa resolución.

Finalmente, recopílanse os Exames propostos nas últimas convocatorias, coas correspondentes respostas. Compre advertir que o actual Plano de Estudios modifica o programa desta asignatura, polo que nestes exames aparecen preguntas relativas a espacios métricos, cuestións que xa non se estudian neste curso.

A segunda sección deste Curso virtual pretende ser máis interactiva, e irá desenvolvéndose ao longo do curso. Inclúe un Buzón de preguntas e respostas sobre as materias do programa e irá incorporando outros materiais (novos exercicios -nunha páxina denominada Seminario, estudios orientados de temas complementarios, ou destinados a suplir deficiencias detectadas, probas de avaliación, calificacións, etc), en función da propia dinámica do curso.

Todo o material está en formato html, de xeral e rápido acceso, excepto o Manual e os Exames, que están en formato pdf, formato que permite compatibilizar interactividade e excelente calidade gráfica. Resultan documentos de gran calidade formal, pero de transmisión lenta, polo que se opta por minimizar o seu uso. Ademais, para utilizalos precísase do programa Acrobat Reader, de Adobe, na versión 3.0 ou posterior. Este programa é gratuito e pode conseguirse, por exemplo, na propia USC, pero soamente para Windows, http://www.usc.es/seins/software/welcome.html, ou para Windows, Mac ou UNIX, en http://www6.uniovi.es/adobe.html

Segundo como se configure o navegador utilizado, pódese usar o Acrobat dentro do propio navegador (mediante un plugin, no caso do Netscape), ou externamente, traballando na propia aplicación Acrobat. Isto último é o aconsellábel, pois mantén a máxima interactividade e traballa máis rápido.

Pódese acceder a iste curso virtual por internet, no enderezo

http://xtsunxet.usc.es/topoloxia/

ou na Facultade, na aula vella de informática (a do fondo), desde calquera dos terminais Hitachi, introducindo como nome aula e como password virtual.

Para volver á portada deste seminario virtual, premer aquí: PORTAL

Horario das titorias.