2.1
Definición.-
Unha
sucesión nun espacio X é unha aplicación de N
en X, |
Normalmente designaremos por xn a imaxe de n, xn = s(n), e denotaremos a sucesión por {xn}. Así, ao escribirmos {xn} sobrentendemos que o índice n percorre o conxunto N. En todo caso, esta notación non debe conducir a identificar a sucesión co conxunto imaxe, formado polos puntos xn. Na sucesión importan os puntos e importan os seus nomes.