Definición.-
Sexan X ÌRp, Y ÌRq dous espacios. Diremos que unha aplicación h: X ® Y é un homeomorfismo se é continua
e ten aplicación inversa, h-1:Y ® X, tamén continua. Cando
entre dous espacios X e Y existe un homeomorfismo, dise que son homeomorfos,
e se escribe
|
Proposición.-
A composición de homeomorfismos é un homeomorfismo.
Dun
xeito algo formal e reduccionista, poderíase dicir que a topoloxía
se ocupa do estudio daquelas propiedades que se conservan por homeomorfismos,
as denominadas propiedades topolóxicas. Moitas das propiedades
que imos considerar, por exemplo, a compacidade e a conexidade que estudiaremos
no próximo capítulo, son topolóxicas. Do feito de seren
os homeomorfismos aplicacións bixectivas segue que a cardinalidade
dun conxunto é unha propiedade topolóxica. O ser limitado, por
contra, non é unha propiedade topolóxica, como se deduce do
feito de ser un intervalo aberto e a recta toda enteira homeomorfos.