Organizada por Antonio Gómez Tato e celebrada do 16 ó 20 de setembro de 1991, contou con 63 participantes de 15 paises e nela impartíronse 10 leccións de 90 minutos e dúas sesións de problemas e aplicacións.
Tivo lugar do 18 ó 20 de setembro de 1995 coa organización de Modesto Salgado Seco e Elena Vázquez Abal. Foi a cuarta reunión dunha serie, comenzada en Madrid en 1992 e continuada nos anos seguintes en Barcelona e Granada, coas que se pretende estimula-la colaboración entre diversos grupos que traballan en campos da xeometría diferencial e as súas aplicacións a varias áreas da física. Nel participaron 54 físicos e matemáticos que presentaron 13 comunicacións de 45 minutos. Actas publicadas polo Ciemat e a RSEF.
Organizado por Fernando Alcalde Cuesta, Jesús A. Álvarez López, Enrique Macias Virgós e Xosé M. Masa Vázquez, celebrouse do 2 ó 6 de setembro de 1996, contando con 40 participantes de 5 paises. Presentáronse 22 comunicacións de 45 e 60 minutos e celebráronse dúas sesións de problemas.
Celebrouse do 16 ó 19 de xullo de 1997, organizado polo Instituto de Matemáticas e o Departamento de Xeometría e Topoloxía. Contou con 49 participantes de 7 paises que presentaron 22 comunicacións. Actas publicadas polo Departamento de Xeometría e Topoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Organizado por Antonio Gómez Tato e Xosé M. Masa Vázquez, tivo lugar o 20 de decembro de 1997 contando con 46 participantes. Nel impartíronse 5 conferencias de profesores invitados e presentáronse 9 comunicacións.
Celebrado do 16 ó 18 de xullo de 2001 coa organización de Eduardo García Río e María Elena Vázquez Abal. Contou con 40 participantes de 11 paises que presentaron 13 comunicacións de 30, 50 e 60 minutos.