TOPOLOXIA DOS ESPAZOS EUCLIDIANOS
 


Trátase de estudar conceptos, métodos e propriedades métricos e, fundamentalmente, topolóxicos en Rp, partindo da sua estrutura euclidiana. Os principais conceptos a estudar son os de continuidade, compacidade e conexidade, facendo especial fincapé nas técnicas de converxencia de sucesións.

Criterios de avaliación

Ben que se pretenda evitar un traballo no que prime o esforzo de retención memorística, haberá que manexar certo número de definicións e resultados que se terán que asimilar nun periodo breve de tempo. As demostracións dos resultados axudan a comprendelos mellor e deben constituir un dos componentes fundamentais do estudo da materia. O outro, será o empeño na resolución dos exercicios. Procúrase avaliar o éxito acadado en ambos terreos.

Haberá un dobre método de avaliación: a avaliación puntual, mediante unha proba final escrita, o exame, fixado no calendario da facultade; e a avaliación continuada, realizada ao longo do curso, baseada principalmente na participación de cada estudiante na aula. A calificación da asignatura será a do exame incrementada, no seu caso e ate un 25%, en base a unha avaliación continuada positiva. Para quen non participe nas actividades ordinarias no curso, o exame podería ter un complemento oral.

O exame terá unha parte de teoría (entre un 40 e un 60% do total da proba), que pode abarcar definición de conceptos, enunciado de resultados ou proba total ou parcial dos mesmos. O resto consistirá na resolución de exercicios, que serán análogos aos propostos ao longo do curso.