Aínda que xa na presentación deste servidor se dixo que o nome de cada un sería a porta de entrada á súa páxina personal, ata o momento actual non se implementara esta posibilidade. Agora, por fin, inclúese unha sección de páxinas personais á que apuntarán os punteiros asociados a cada un dos nomes.
A páxina personal que se presenta como modelo pretende se-lo suficientemente breve e esquemática como para que poda ser usada pola maior cantidade de xente. De todas maneiras, non é máis que unha suxerencia, pois non hai ningunha necesidade de que todas teñan o mesmo aspecto nen inclúan a mesma información. Admítense polo tanto outros modelos, e mesmo suxerencias sobre o modelo que se presenta.
A mecánica de inclusión de páxinas consiste en que eu teclee a primeira versión cos datos e indicacións (en canto ó aspecto) que vós me proporcionedes e despois xa queda a cousa preparada para que, o que queira, poda actualiza-la páxina sen a miña intervención.
© Tecedor do Departamento de Xeometría e Topoloxía.