Acabo de facer dúas pequenas modificacións no servidor e de introducir unha nova sección.
A primeira das modificacións é que, agora, para conectar co servidor da universidade (www.usc.es) tedes que pinchar no "sigillum" en paga de ir á última liña.
O segundo cambio vai dirixido máis ben ós alleos ó departamento. Consiste en que, na sección INTRODUCCIÓN, aparece identificado o cliente. Isto púxeno para que a xente de fóra sexa consciente de que a están mirando, pois a algúns xa lles vai esquecendo.
A nova sección é a SAÍDA A OUTROS SERVIDORES que substitúe á SAÍDA Ó SERVIDOR DA UNIVERSIDADE. Con ela pretendo que os grandes navegantes do departamento fagan públicos algúns dos seus descubrimentos serios (que os debe haber, porque eu observo un tráfico incesante de "direccións interesantes", e algunha terá que ser seria...) axudando así un pouco ós que aínda andan coa ghamela. Como primeira aproximación fixen unha pequena clasificación e puxen unha mostra do que me a min me parece que debería conter esta sección.
No apartado de servidores xerais non puxen de momento máis que dous porque a miña idea é que os que aparezan aquí sirvan de entrada ó montón de servidores de Matemáticas que hai polo mundo, en paga de poñer directamente unha lista enorme de servidores que se cadra non teñen moito interesante que ver.
Os que si creo que deben medrar (e quedo á espera dos vosos achádegos para ilos incorporando) son os apartados de servidores de Xeometría e Topoloxía, revistas e "preprintecas". Estes dous últimos en principio tamén se deberían restrinxir á área, aínda que caben igualmente revistas ou "preprintecas" de carácter máis xeral pero que teñan interese especial para a xente da área.
Finalmente, a lista dos servidores galegos, aínda que non ten que ver nada coa área, está ahí en parte por obriga e en parte por unha pequena debilidade personal. Mantereina mentras que non se faga moi grande. Por favor, avisaime cando vos enteredes da existencia dalgún novo servidor.
© Tecedor do Departamento de Xeometría e Topoloxía.