Taboleiro (4-12-95):

No último consello do departamento quedaron de manifesto claramente dúas cousas: que a xente non le os taboleiros de anuncios nin se considera obrigado a lelos, e que ó mesmo tempo quere que haxa máis taboleiros de anuncios no departamento...

Cando puxen en marcha estas páxinas xa comentei que esta sección (VIDA DO DEPARTAMENTO) estaba pensada para que se convertise nun taboleiro de anuncios electrónico, e ofrecinme para incluír nela calquera cousa que vós propuxerades. O resultado é que nestes dous meses e medio non houbo ninguén que se animase.

Véñenme á cabeza moitos motivos para esta falta de participación. Un deles é que vós sospeitades que a colocación dun anuncio nestas páxinas supón un certo traballo para min, e non queredes "molestar" a menos que sexa algo realmente importante.

É por isto que, para responder á demanda de taboleiros e premia-la vosa xentileza comigo, decidín poñer en marcha un taboleiro electrónico interactivo no que poderedes deixa-los vosos anuncios sen necesidade da miña intervención.

Agora ben, véxome na obriga de facer constar que con este taboleiro é posible averiguar quen o le e quen non...


© Tecedor do Departamento de Xeometría e Topoloxía.