Volver á páxina principal English Spanish Galician

RP

RP é un paquete para Python 3 que implementa os métodos Recursive Performance e Recursive Bucholz ideados como sistemas de desempate para torneos de xadrez. Estes métodos foron desenvolvidos por M. Brozos-Vázquez, M. A. Campo-Cabana, J. C. Díaz-Ramos e J. González-Díaz, e un estudo matemático riguroso pode ser atopado en "Ranking participants in a tournament by means of rating functions", J. Math. Econom. 44 (2008), 1246-1256.

Este paquete inclúe tamén o script RPWin, que proporciona un entorno gráfico no que o usuario pode tomar os resultados dun torneo proporcionados polo programa Swiss Manager, elexir un ou varios sistemas de desempate baseados en Recursive Performance, e crear un arquivo de folla de cálculo cos resultados.

Descarga

A forma máis fácil de descargar e instala-lo paquete é usando pip:

pip install PyRP

Despois pódese executa-la aplicación usando

python RPWin.pyw

Ir a Options..., Help para máis información.

Métodos de desempate ARPO

Unha discusión non técnica, pero máis detallada sobre os sistemas de desempate baseados na Recursive Performance pode ser atopada na páxina da Recursive Performance mantida por J. González-Díaz.

http://eio.usc.es/pub/julio/Desempate/Performance_Recursiva_en.htm

www

https://pypi.python.org/pypi/PyRP/0.2

Código fonte

PyRP-0.2.tar.gz