JOSÉ ANTONIO OUBIÑA GALIÑANES (Cambados, 1952) obtivo en 1975 o título de
	Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela
	e o grado coa tesiña titulada
	Producto vectorial cruzado.
	Algunas aplicaciones a las geometrías pseudo-kaehlerianas
	(dirixida polo Prof.
	Antonio Martínez Naveira),
	coa calificación de Sobresaliente e
	Premio Extraordinario de Licenciatura;
	en 1977 obtivo o título de
	Doutor en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela
	coa tese titulada
	Geometría diferencial y cohomología de las
  	f-variedades
	(dirixida polos Profs.
	Enrique Vidal Abascal e Pedro Martínez Gadea),
	coa calificación de Sobresaliente cum laude e
	Premio Extraordinario de Doutoramento.
 
          
	Entre 1975 e 1982 foi Profesor Axudante  e
	Profesor Encargado de Curso na Facultade de Matemáticas da
	Universidade de Santiago de Compostela,
	e ó mesmo tempo desempeñou o cargo de Profesor Tutor da UNED
	(Universidade Nacional de Educación a Distancia)  no Centro Asociado
	de Pontevedra.
	Tamén foi Becario do Plan de Formación del Personal Investigador
	durante os anos 1976, 1977 e 1978.
 
	En 1982 acadou a plaza de Profesor Adxunto na disciplina
	 Geometría V (Diferencial) e en 1983 foi nomeado
	Profesor Titular de Xeometría e Topoloxía.
	Dende o ano 2000 é Catedrático de Xeometría e Topoloxía
	da Universidade de Santiago de Compostela.
 		 |