Libros e monografías (27-10-95):

Como xa veriades, hai algún tempo que añadín unha sección de outras reunións e tamén unha do terceiro ciclo. Nesta última limiteime a poñe-lo contido das fichas dos cursos (cando as había); se alguén quere incluír máis información do seu curso non ten máis que mo dicir.

Por outro lado, acabo de poñer unha sección de publicacións noutras series coa que se completa o apartado dos coloquios (no que se refire ás actas). Penso que nela deben entra-los libros e monografías publicadas por membros do departamento en calquera sitio que non sexa a serie do departamento. De momento só puxen o que tiña á man e quedo á espera de que me fagades chegar tódalas vosas suxerencias. Por exemplo, hai teses lidas por xente do departamento noutras universidades que entrarían perfectamente aquí; pero eu non as teño nin sei onde as hai.


© Tecedor do Departamento de Xeometría e Topoloxía.