Topoloxía dos espazos euclidianos

Prof. Xosé M. Masa Vázquez
 

 

M

A

N

U

A

L

   
 

4.6  

Definición.- Sexa X un espazo, U e V subconxuntos de X. Dise que U e V forman unha separación do espazo X cando ambos os conxuntos son abertos, son disxuntos e a súa unión é todo X. A separación denótase (U|V).

Cando, ademais, U e V son os dous non baleiros, dise que é unha separación non trivial.

Definición.- Dise que un espazo X é conexo se non admite ningunha separación agás a trivial.

Teorema.- O intervalo pechado unidade [0,1] é conexo.

Teorema.- A imaxe continua dun conxunto conexo é un conxunto conexo.

Corolario.- A conexidade é unha propiedade topolóxica.

   

4  Compacidade e conexidade

4.1  Condición de Borel-Lebesgue

4.2  Teorema de Heine-Borel

4.3  Outras caracterizacións da compacidade

4.4  Compacidade e continuidade

4.5  Continuidade uniforme

4.6  Conexidade

4.7  Algúns conxuntos conexos

4.8  Aplicacións da conexidade

4.9  Conxuntos compactos e conexos