Problemas para as clases interactivas

Intervalos de confianza
  1. Nunha mostra de tamaño 30 mediuse a porcentaxe de aumento de alcohol en sangue tras beber catro cervexas. Obtívose $\overline{X}=41.2$ (media) e $s=2.1$ (cuasi-desviación típica).

    1. Calcular un intervalo de confianza do 90% para a porcentaxe media de aumento en tódalas persoas que beben catro cervexas;
    2. Se se calcula un intervalo de confianza do 95% para $\mu$, ¿será máis ou menos amplo có anterior?

    Milton 6.3.7

  2. As granxas de patos contaminan a agua debido ó nitróxeno en forma de "ácido úrico". A seguinte é unha mostra aleatoria de nove observacións da variable $X$, número de kilos de nitróxeno producidos por granxa e día.

    4.95.85.9
    6.55.55.0
    5.66.05.7

    Supoñendo que $X$ é normal, construír un intervalo de confianza do 99% para a media poboacional $\mu$.

    Milton 6.3.9

  3. A calor parece afecta-la mobilidade dos caracois. En 20 caracois sometidos a unha temperatura de 29°C observamos unha distancia media percorrida de $\overline{X}=4.855$cm, con $s_{n-1}=0.7178$. Dar un intervalo de confianza ($\alpha=5\%$) para a distancia media percorrida por un caracol.

    Milton 6.3.6 p. 222

  4. Estas son as alturas (en metros) de vinte piñeiros da especie "Pinus strobus". Estima-la media desa especie de piñeiros cun nivel de confianza do 95%.

    17.1622.0010.0815.00
    7.0210.6711.1610.92
    11.104.0515.937.22
    8.1916.457.3810.00
    14.1010.2611.9610.00

    Milton 6.3.1

  5. Queremos estima-lo peso medio ó nacer (en Kg) de fillos de mulleres adictas á heroína. Nun estudio previo obtívose que $\sigma=2.5$. Queremos deseña-lo experimento de modo que o nivel de confianza sexa do 95%, e que o erro de estimación non supere 1Kg. ¿Que tamaño de mostra necesitamos?

    Milton 6.6.1 p. 236

  6. No río Mississippi estudouse en 61 lugares a variable $X$, anchura de terreno inundable, obténdose $\overline{X}=3400$ metros e $s_{n-1}=100$ metros. Dar un intervalo de estimación para a desviación típica de $X$ cun nivel de confianza do 90%.

    Milton 7.1.7 p. 253

  7. Nun reconto no microscopio contabilizáronse 200 leucocitos, dos cales 125 eran neutrófilos. Dar un intervalo de confianza do 90% para a proporción de neutrófilos en sangue.

    Milton 8.2.3 p. 266

  8. Nun estudo sobre obesidade infantil averíguase que a idade media de inicio da enfermidade dunha mostra de 26 nenos é de 4 anos, cunha desviación típica mostral de 1.5 anos. Determinar un intervalo de confianza do 95% para a desviación típica da poboación.

    Milton Exemplo 7.1.6

  9. ¿Que tamaño de mostra faría falla para estima-la proporción de mortes debidas a un problema cardíaco, se traballamos cun nivel de significación do 5%, e non queremos que o erro de estimación supere o 2%?

    Milton 8.3.2 p. 270

  10. Un investigador médico quere estima-lo nivel medio de colesterol en homes de idade avanzada. A estimación debe ter unha precisión de 6mg/dl ou menos, cun 95% de confianza. Ademais, o investigador cre, por estudos previos, que a desviación típica do colesterol na poboación ronda os 40mg/dl. ¿Que tamaño de mostra debe tomar?

    Samuels 6.4.2

  11. Nun estudo atopouse que 40 de 400 estudantes eran zurdos. Construír un intervalo de confianza do 90% para a proporción de estudantes zurdos na poboación.

    Samuels 9.3.1

  12. Unha bodega produce 720000 botellas de viño cada ano e desexa estima-la proporción de botellas que teñen o corcho defectuoso (o viño estropéase se hai un fallo no corcho). Nun estudo previo calcúlase que esta proporción ronda o 4%, pero agora queremos, cun nivel de confianza do 90%, que o erro de estimación non supere o 1%. ¿Cantas botellas de viño debemos comprobar?

    Samuels 9.S.6

  13. Os votos en contra da construción dunha presa nunha mostra de 500 persoas foi de 270. Estima-la proporción de persoas que están en contra en toda a poboación, cun nivel de confianza do 95%.

    Milton Exemplo 8.4.1

Contrastes de hipóteses
  1. Sospéitase que o insecticida DDT provoca diminución no grosor das cáscas dos ovos dos paxaros. Para combrobar isto, alimentouse a 16 gabiáns cunha mistura que contiña 15ppm de DDT, e atopouse unha diminución do grosor do 8%. A desviación típica mostral foi de $s=0.05$. Contrasta-la hipótese de que houbo unha diminución no grosor en toda a poboación (nivel de confianza do 95%).

    Milton 6.5.4 p. 233

  2. Realizouse un experimento para estuda-lo efecto do exercicio físico no nivel de colesterol de pacientes obesos. En 80 pacientes sometidos a un réxime específico de actividade, observouse unha diminución media do nivel de colesterol de $\overline{X}=27$ puntos. A desviación estándar foi de $s=18$. ¿Pode afirmarse, cun nivel de confianza do 90%, que ese réxime provoca, en media, unha diminución superior a 25 puntos?

    Milton 6.5.7 p. 234

  3. A concentración media de dióxido de carbono no aire é do 0.035%. Preténdese demostrar que inmediatamente por riba da superficie do chan dita concentración é maior. Analizáronse 144 mostras de aire seleccionado aleatoriamente e tomadas á distancia de 30cm do chan. Resultou unha media mostral do 0.09% e unha cuasi-desviación típica mostral do 0.25%. ¿Cal é o valor P do contraste? ¿Comprobouse estatisticamente o argumento establecido?

    Milton 6.5.5 p. 233

  4. En certa especie de vagalumes, a luz que producen consta dun escintileo curto seguido dun período de repouso. Quérese probar que o período de repouso ten unha duración media de menos de catro segundos. Nunha mostra de 16 insectos obtivemos unha media de 3.77 segundos, con $s=0.30$ segundos. Por outro lado, dámonos conta de que un erro de tipo I non ten consecuencias fatais, así que fixamos un $\alpha=10\%$ bastante alto. ¿Apoian os datos experimentais a nosa suposición sobre o escintileo?

    Milton 6.5.7 p. 232

  5. Ó estuda-lo crecemento de abetos, sábese que a varianza poboacional acostuma ser $1.56cm^2$. Non obstante, en 50 árbores crecidos en condicións de seca observamos unha cuasi-desviación típica de $0.375$cm. ¿Afectou a seca ó parámetro $\sigma$? Dar un intervalo de confianza para a desviación típica da poboación. Utilizar en todo o problema un nivel de confianza do 95%.

    Milton 7.2.4 p. 256

  6. A concentración sanguínea de calcio nos mamíferos acostuma ser de 6mg/100ml. A desviación típica debe ser de 1mg/100ml, xa que unha variabilidade maior ocasiona trastornos de coagulación. Nunha serie de nove probas realizadas a un paciente, atopouse unha concentración media de 6.2 e unha cuasi-desviación típica de 2. Tomando un nivel de significación $\alpha=0.05$, ¿hai evidencia de que a desviación típica sexa maior da normal?

    Milton 7.2.2 p. 256

  7. Estímase xeralmente que o 90% dos enfermos de cancro de pulmón morren no prazo de 3 anos. Nun estudo recente no que se proban uns novos tratamentos, atopouse que 128 pacientes morreron dun total de 150 enfermos. ¿Pode dicirse que hai probas suficientes de que o emprego dos novos métodos de tratamento reduciron a taxa de falecementos?

    Milton 8.4.4 p. 273

  8. Un 20% dos enfermos de corazón tratados cronicamente con digoxina sofre unha reacción adversa. Para evitalo, a 30 pacientes asocióuselles outro medicamento, e conseguiuse que só tres tivesen a reacción. ¿Pode afirmarse que o tratamento é eficaz cun nivel de confianza do 99%?

    Milton 9.7

  9. O método habitual para trata-la leucemia mieloblástica aguda consiste en somete-lo paciente a quimioterapia intensiva no momento do diagnóstico. Historicamente, isto produciu unha taxa de remisión do 70%. Estudando un novo método de tratamento utilizáronse 50 voluntarios. ¿Cantos dos pacientes deberían ter remitido para que os investigadores puidesen afirmar, con nivel de significación $\alpha=0.025$, que o novo método produce remisións máis altas có antigo?

  10. Estase probando a eficacia dun tipo de exercicio para mellora-los síntomas da artrite reumatoide. O grupo no que se proba dito tratamento é de 160 pacientes. Para un nivel de significación do 2,5%, ¿cantos pacientes terían que mellorar para que se poida afirmar que a porcentaxe de pacientes que melloran é superior ó 50%?

Contrastes de hipóteses para dúas poboacións
  1. Comprobouse o peso de ovos de tartaruga en dúas illas diferentes. Suponse que a variable é normal. Á vista dos datos obtidos en dúas mostras aleatorias, ¿hai evidencia de que os ovos na illa "Malabar" son máis pesados cós da illa "Grande-Terre" cun nivel de significación do 1%?

    Datos da illa "Grande-Terre": Tamaño da mostra $n_1=31$; peso medio $\overline{X}_1=64.0$g; cuasi-desviación típica $s_1=6.5$g.

    Datos da illa "Malabar": Tamaño da mostra $n_2=148$; peso medio $\overline{X}_2=82.7$g; cuasi-desviación típica $s_2=3.6$g.

    (Facer un contraste de hipóteses para a igualdade das varianzas para poder determinar se podemos asumir que ambas sexan iguais.)

    Milton 9.4.3 p. 311

  2. Ó estuda-la velocidade de voo de dúas especies de paxaros, obtivémo-los seguintes datos:

    • (Haematopus palliatus): $n_1=9$, $\overline{X}_1=26.05$, $s_1=6.34$;
    • (Pelecanus occidentalis): $n_2=12$, $\overline{X}_2=30.19$, $s_2=3.20$;

    Face-lo contraste necesario para saber se as varianzas poboacionais se poden supoñer iguais. ¿Hai evidencia de que a velocidade de voo das dúas especies de paxaros sexa diferente? (Para todo o problema, tomar un nivel de confianza do 95%.)

    Milton 9.2.1 p. 298

  3. Estudouse nunha mostra de $n_1=33$ homes novos fumadores a idade media á que empezan a fumar, obténdose $\overline{X}_1=11.3$ anos. A cuasi-varianza mostral foi de 4 anos. O mesmo estudo en mozas deu lugar ós seguintes datos: $n_2=14$, $\overline{X}_2=12.6$, $s_2^2=3.5$. Pídese, cun nivel de significación $\alpha=5\%$:

    1. Facer unha proba $F$ para concluír que podemos supoñer $\sigma_1^2=\sigma_2^2$;
    2. ¿Hai evidencia estatística de que os mozos empezan a fumar antes cás mozas?
    3. Dar un intervalo de estimación para a diferencia de medias poboacionais entre mozos e mozas.

    Milton 9.3.11 p. 309

  4. Un laboratorio quere compara-los efectos secundarios dun medicamento novo cos do producto da competencia. Usaremos un nivel de significación do 1%. Obtivéronse os seguintes datos sobre a porcentaxe de persoas que presentaban diarrea:

    LaboratorioCompetencia
    Número de suxeitos465195
    Número de casos de diarrea91
    1. ¿Podemos afirmar que hai evidencia significativa de que as porcentaxes son diferentes?
    2. Dar un intervalo de confianza para a diferencia de porcentaxes.

    Milton 8.6.6 p. 285

  5. En 1970 fixéronse 759 análises de sangue e atopáronse 46 casos de infección. En 1975 outro estudo semellante descubriu 109 infeccións en 838 análises. Baseándose nestas dúas mostras, ¿podemos estar seguros de que a proporción de casos de infección aumentou en máis de 6 puntos porcentuais neses cinco anos? (Usar nivel de confianza do 90%.)

    Milton 8.6.4

  6. A partir dos corenta anos, o cancro de mama pode detectarse a través dunha mamografía. Comprobamos que en 31 mulleres novas afectadas (idade 40-49 anos) houbo 6 casos descubertos a través de mamografía. Por outra parte, nun grupo de 101 mulleres de máis idade, a mamografía foi eficaz en 38 casos. Cun nivel de confianza do 95%, ¿podemos afirmar que a mamografía é menos eficaz nas mulleres novas?

    Milton 8.6.3 p. 285

  7. Para ver se un medidor portátil de glucosa é útil para os diabéticos, mediuse para cada paciente o nivel de glucosa en sangue antes de aprender a usalo, e unhas semanas despois. Nunha mostra aleatoria de 36 individuos atopouse unha diferencia de 2.78mmol/l entre "antes" e "despois", con cuasi-desviación típica das diferencias igual a 6.05. ¿Quere dicir isto que o medidor é efectivo para axudar a reduci-los niveis de glucosa?

    Milton 9.5.3 p. 319

  8. Os datos de temperatura en 1000 estacións meteorolóxicas en todo o mundo deron unha temperatura media de 57 graos Farenheit en 1950, e de 57.6 en 1988, con $s_D=4.1$. ¿Quere isto dicir que a temperatura media do globo aumentou? (Emprega-lo valor $P$.) Dar un intervalo para o aumento global medio (para un nivel de confianza do 90%).

    Milton 9.5.5 p. 320

Problemas de repaso de estimación e contraste de hipóteses
  1. Para que un peixe sobreviva, a cantidade de osíxeno disolto na auga non debe ter unha desviación típica maior cá 1.2 partes por millón. Tomamos mostras de auga en 25 lugares aleatoriamente escollidos dun lago e obtemos $s=1.7$ppm. ¿Evidencia isto que a variabilidade do osíxeno aumentou por riba do parámetro aceptable $\sigma=1.2$?

    Milton 7.2.3 p. 256

  2. Nun estudo sobre rexeneración de células nerviosas en monos rhesus mediuse o contido en creatinina fosfato na parte esquerda e na parte dereita da espiña dorsal (medido en mg de CF por cada 100g de tecido). Para un nivel de significación do 10%, ¿existe evidencia significativa dunha diferencia na cantidade de CF entre os dous lados? Os datos son os seguintes:

    Animal12345678
    Lado dereito 16.34.810.914.216.39.929.2 22.4
    Lado esquerdo 11.53.612.56.315.28.116.6 13.1

    Samuels p. 333

  3. Crese que a maioría dos fumadores empezan a fumar despois dos 18 anos. Nunha mostraxe con 60 individuos, atopouse que o 49% empezou a fumar despois desa idade.

    1. Decidir se hai evidencia de que na poboación a proporción de fumadores que empeza despois dos 18 é menor có 50% (cun nivel de significación do 1%).
    2. Explica-las consecuencias económicas e sanitarias de cometer un erro de tipo I ou un erro de tipo II.

    Milton 6.4.6 p. 226

  4. Existe a teoría de que a vitamina C é beneficiosa no tratamento do cancro. Os que a defenden din que hai unha melloría superior ó 4% de casos. Fixemos dous grupos independentes de 75 individuos cada un. Ós primeiros démoslle 10g diarios de vitamina C; ós outros, nada. Ó cabo de catro semanas, no primeiro grupo 47 pacientes presentaron algunha melloría, mentres que este número foi soamente de 43 no segundo grupo. Pídese face-lo contraste $H_0\colon p_1-p_2\leq 0.04$ e interpreta-lo resultado (emprega-lo valor P).

    Milton 8.6.1 p. 280 e 8.6.2 p. 281

  5. Estase probando a eficacia de dous tipos de exercicio para mellora-los síntomas da artrite reumatoide. O primeiro tratamento (T1) foi probado en 150 pacientes con esta enfermidade obtendo que 87 deles melloran tras un mes de práctica. O segundo tratamento (T2) foi probado en 160 pacientes dos que 72 melloraron tras un mes de práctica. ¿Podemos asegurar que hai evidencia significativa de que a proporción de pacientes que melloran co tratamiento T1 é superior á do T2? Realiza-lo correspondente contraste de hipóteses.

Probas de homoxeneidade e independencia
  1. Investígase a eficacia dunha nova vacina contra a gripe. Elíxese unha mostra de 900 persoas, e clasifícanse segundo que foran ou non vacinadas, e segundo contraeran a gripe durante o último ano ou non. Pídese, cun nivel de confianza do 95%, decidir se hai asociación ou non entre as dúas variables.

    Vacinado \ gripesinon
    si150200
    non300250

    Milton 12.1.2 p. 449

  2. Cremos que existe relación entre o número de cloroplastos das follas das árbores e o nivel de $SO_2$ no aire. Selecciónanse 60 árbores, e clasifícanse en función do nivel de dióxido de azufre da súa zona e o nivel de cloroplastos das súas follas. Obtéñense os seguintes datos:

    $SO_2$ \ Cloroplastosaltonormalbaixo
    alto5413
    normal5105
    baixo792
    1. ¿Trátase dunha proba de independencia ou de homoxeneidade?
    2. ¿Que conclusións poden sacarse dos datos? Enuncia a hipótese nula apropiada e razoa en función do valor P obtido.

    Milton 12.2.6 p. 457

  3. Co obxectivo de provoca-la unión dos ósos en fracturas, aplícanse campos electromagnéticos pulsantes. Nunha mostra de 62 fracturas de tibia, 26 de húmero, e 18 de fémur, observouse que o tratamento só tivo éxito en 34, 16, e 10 delas, respectivamente.

    • Construí-la táboa de continxencia axeitada.
    • Á vista dos resultados obtidos na mostra, ¿pódese concluír que o éxito do tratamento depende do tipo de óso que se está tratando?
  4. Realízase un pequeno estudo piloto para determinar se hai asociación entre a aparición de leucemia e os antecedentes de alerxia. Selecciónase unha mostra de 19 pacientes con leucemia e outro grupo de control de 17 persoas, e determínase se hai antecedentes de alerxia ou non.

    grupo \ antecedentessinon
    paciente172
    control512

    Calcula-la frecuencia esperada para cada celda e contrastar se a distribución de casos de alerxia é homoxénea nos dous grupos. Explica-la resposta baseándose no valor P do contraste.

    Milton 12.1.5 p. 449

  5. Nun estudo sobre quimioterapia no cancro de pulmón administráronse simultaneamente catro medicamentos a 16 pacientes, mentres que a outro grupo de 11 pacientes déronselle os medicamentos de xeito secuencial. Observouse unha resposta positiva ó tratamento en 11 pacientes do primeiro grupo, e en 3 dos tratados secuencialmente. ¿Proporcionan estes datos evidencia de que unha forma de tratamento é superior á outra?

    Samuels 10.2.10

Regresión linear e ANOVA
  1. Realízase un estudo para estima-la relación entre o índice de obesidade $X$ e a taxa metabólica en repouso $Y$. A partir dos datos de 43 individuos obtemos

    $\sum X=1482.5$;$\sum Y=10719$;
    $\sum X^2=53515.25$;$\sum Y^2=2736063$;$\sum XY=379207.5$.
    1. ¿Que taxa metabólica correspondería a un índice de obesidade $X=40$?
    2. Calcular e interpreta-lo coeficiente de determinación.
    3. Contrasta-lo modelo de regresión linear.

    Milton 11.3.4 p. 414

  2. A seguinte táboa recolle os datos de presións sistólicas ($P$) de cinco individuos en función da súa idade ($t$):

    $t$ idade (anos)2030405060
    $P$ presión (mm Hg)125128131133138
    1. ¿Que ecuación linear nos permite estimar $P$ para un individuo de 25 anos?
    2. Calcula-lo coeficiente de determinación e interpreta-lo resultado.
    3. Contrasta-lo modelo de regresión linear.
  3. Realizouse un experimento para estima-la concentración plasmática $Y$ dunha substancia a partir da súa concentración $X$ na saliva. Os datos experimentais foron:

    $X$7.47.58.59.011.013.0 14.014.516.017.0
    $Y$30.025.031.527.540.248.0 52.054.056.558.0

    Calcula-la recta de regresión e contrasta-lo modelo de regresión linear (ANOVA).

  4. A cantidade de arsénico no arroz (variable $Y$, en $\mu g/kg$) parece estar relacionada coa de silicio na palla de arroz (variable $X$, en $g/kg$). Ó estudar 32 plantas obtémo-los seguintes datos:

    $\overline{X}=29.85$,   $s_X=10.04$,   $\overline{Y}=122.25$   $s_Y=44.50$,   $r=-0.556$.

    1. ¿Que cantidade de arsénico estimamos cando $X=12$?
    2. Calcula-la varianza residual dos erros de estimación.
    3. ¿Que proporción de varianza da concentración de arsénico está explicada pola relación linear co contido de silicio?

    Samuels p. 505

  5. Aplicáronse dous cuestionarios a 670 persoas: un medía o nivel de estrés ó que estiveran sometidas $X$, e o outro detectaba posibles trastornos de saúde $Y$. Ó calcula-lo coeficiente de correlación de Pearson obtívose $r=0.24$. ¿É compatible este resultado coa hipótese $\rho=0$? (tomar $\alpha=5\%$)

  6. Déronse distintas doses dunha substancia velenosa a sete grupos de 26 ratos, e observáronse os seguintes resultados:

    $X$ doses (mg) 46810121416
    $Y$ número de mortes 1368141620
    1. Calcula-la ecuación da recta de mínimos cadrados axustada a estes datos.
    2. Estima-lo número de mortes nun grupo de 26 ratos que recibiron unha dose de 7mg deste veleno.
    3. Contrasta-lo modelo de regresión linear.
  7. Lévase a cabo un estudo sobre as características corporais e o modo de actuar de levantadores de peso olímpicos. Estúdanse as variables $X$, peso corporal, e $Y$, mellor levantamento, obtendo:

    $X$ 134138154178176190190 205205206
    $Y$ 185238260290312336339 341358359
    1. Debuxa-la nube de puntos. Baseándose nela, ¿pódese esperar que $b$ sexa positivo ou negativo?
    2. Calcular e interpreta-lo coeficiente de determinación.
    3. Comproba-la idoneidade do modelo de regresión linear. Se é axeitado calcula-la liña de regresión de $X$ sobre $Y$, estima-lo mellor levantamento dun atleta que pesa 200 libras.

    Milton 11.4.1