4.3   
              Proposición.- Sexa K un subconxunto de Rp. As seguintes condicións son equivalentes: 
                1.     K é compacto. 
                2.     (condición de Bolzano-Weierstrass) Todo subconxunto infinito de K ten un punto de acumulación en K. 
                3.     (Compacidade secuencial) Toda sucesión de K ten unha subsucesión converxente en K. 
                4.     K é pechado e limitado. 
              
                      Producto de conxuntos compactos
              Proposición.- Sexan A ⊂ Rp,  B ⊂ Rq dous conxuntos secuencialmente compactos. O seu producto A × B ⊂ Rp+q tamén é secuencialmente compacto.