3.4    
              Teorema.- Sexa f: X → Y unha aplicación. As seguintes condicións son equivalentes: 
                1.     f é continua . 
                2.     A imaxe recíproca por f de todo conxunto aberto en Y é un conxunto aberto de X. 
                3.     A imaxe recíproca por f de toda bóla aberta en Y é un conxunto aberto de X. 
                4.     A imaxe recíproca por f de todo conxunto pechado en Y é un conxunto pechado de X.