3.6   Sexa U = {Uλ , λ∈Λ} unha cobertura de X. Sexan fλ: Uλ→ Y aplicacións tales que 
              fλ (x)  =  fμ (x)
              
              se x pertence a Uλ e Uμ, λ, μ∈Λ. Daquela, pódese definir unha aplicación f: X → Y por 
              f(x)  =  fλ(x)   se    x∈Uλ .
              
              A aplicación f así construída chámase aplicación combinada da familia de aplicacións {fλ, λ∈Λ}. 
              Teorema.- Sexa U
			   = {Uλ,  λ∈Λ} unha cobertura aberta de un espazo X, {fλ,  λ∈Λ} unha familia de aplicacións continuas con dominio cada aberto Uλ e rango un espazo Y. Se as restriccións ás interseccións dos dominios coinciden, a aplicación combinada resultante é unha aplicación continua. 
              O mesmo ocorre se a cobertura é pechada e finita.