2.1Denotaremos por N ao conxunto de inteiros naturais:
            N = {1,2,3,...}
            
            
            
              
                | 
				Definición.- 
				Unha sucesión nun espazo X é unha aplicación de N en X,  s : N →X.  | 
            
            Normalmente designaremos por xn a imaxe de n, xn=s(n), e denotaremos a sucesión por {xn}. Así, ao escribirmos {xn} sobrentendemos que o índice n percorre o conxunto N. En todo caso, esta notación non debe conducir a identificar a sucesión co conxunto imaxe, formado polos puntos xn. Na sucesión importan os puntos e importan os seus nomes.