2.8   
            
              
                | Definición.- Dise que unha sucesión {xn} nun espazo X é unha sucesión de Cauchy se dado un número real positivo e existe un enteiro n0 tal que se n,m≥ n0, daquela d(xn,xm)< e. | 
            
            
            Proposición.- Toda sucesión converxente é de Cauchy. 
            Lema.-O conxunto de puntos dunha sucesión de Cauchy é limitado. 
            Lema.- Toda subsucesión dunha sucesión de Cauchy é de Cauchy. 
            Proposición.- Sexa {xn} unha sucesión de Cauchy en X. Se a sucesión ten unha subsucesión converxente, daquela ela mesma é converxente. 
            Proposición.- Sexa {xn} unha sucesión en X. Se o conxunto formado polos puntos da sucesión ten un punto de acumulación, daquela existe unha subsucesión converxente a este punto. 
            Corolario.- Se o conxunto de puntos dunha sucesión de Cauchy ten un punto de acumulación, entón a sucesión converxe a este punto.